Departamento: Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral

Facultad: Facultade de Filoloxía

Área: Lingua Española

Grupo de investigación: Gramática do español

Correo el.: mjose.rodriguez.espineira@usc.es

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese El complemento predicativo del complemento directo en español 1989. Dirixida por Dr. Guillermo Rojo Sánchez.

Catedrática de Lingua española na USC desde xullo de 2008. Titular de Universidade nesta mesma institución desde agosto de 1992. Licenciada en Filoloxía Hispánica na USC en 1980 e Doutora en 1989. As primeiras publicacións xiran en torno a cuestións vinculadas ao tema da tese: “O complemento predicativo do complemento directo en español” (adxectivos incidentais, predicacións habituais, os predicativos como foco, etc.). Desde entón o meu labor docente e investigador está cinguido ao campo da gramática. Integrante do grupo que elaborou a “Base de datos sintácticos do español actual” (http://gramatica.usc.es/proxectos/bds). Durante o período 1989-2002 as miñas publicacións gardan relación con este proxecto; nelas analízanse diversos aspectos dos constituíntes das cláusulas: como anunciativo, “dejar” + infinitivo, cláusulas atributivas e pasivas, percepción directa e indirecta, infinitivos nominais e verbais, etc. A partir da vinculación ao proxecto MORFOGEN (agora BDME-TIP), a miña investigación reoriéntase cara as nominalizacións, nomes encapsuladores e adxectivos de relación. Paralelamente, desde 2008 o meu interese centrouse na modalidade epistémica, coa análise das expresións “puede que”, “posible”, “probable”, “capaz que”, entre outras. Desde 2018 ocúpome de estudar algunhas características morfosintácticas do castelán de Galicia. Desde 2011 son codirectora da revista "Verba. Anuario Galego de Filoloxía".