Institut: Departamento de Economía Aplicada

Fakultät: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Einzigartiges Zentrum: Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS)

Bereich: Angewandte Wirtschaftswissenschaften

Forschungsgruppe: Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento

Email: oscar.rodil@usc.es

Doktor von der Universidade de Santiago de Compostela mit der Dissertation Crecimiento económico y capacidad tecnológica regional en el marco de la Unión Europea (1980-1995) 1999. unter der Leitung von Dr. Xavier Vence Deza.

Licenciado (1995) con Grao (1997; Premio Extraordinario de Licenciatura) e Doutor en Ciencias Económicas (1999; Premio Extraordinario de Doutoramento e Premio da Real Academia de Doctores). Actualmente exerce como profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Foi secretario e membro da Comisión académica do Programa de doutoramento en Economía e Empresa e do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación da USC no período 2018-2023. Á súa vez é membro do Grupo de investigación en Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento (ICEDE) da mesma universidade. As súas liñas de investigación céntranse na innovación, o desenvolvemento, o comercio, as cadeas globais de valor, o comercio e a economía circular. Conta con cerca de cen publicacións e ten participado en máis de 40 proxectos de investigación, entre os que destacan os de ámbito internacional (Unión Europea). Investigador principal de varios proxectos financiados en convocatorias competitivas (Plan Nacional, UE, Fundación EU-LAC). No ano 2017 obtivo o primeiro premio (categoría especialista) do Banco Nacional de Comercio Exterior de México por un ensaio sobre as cadeas globais de valor e o comercio de México con Estados Unidos.