VALERIA
PAUL CARRIL
Profesor titular de universidade
Departamento: Departamento de Xeografía
Facultad: Facultade de Xeografía e Historia
Instituto: Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA)
Área: Análise Xeográfica Rexional
Grupo de investigación: Análise territorial
Correo: v.paul.carril@usc.es
Web persoal: https://www.researchgate.net/profile/Valeria-Pauel
Doutor pola Universitat de Barcelona coa tese L'ordenació dels espais agraris metropolitans. Plans, gestió i conflictes territorials a la Regió de Barcelona 2006. Dirixida por Dr/a. Joan Tort Donada.
Defínome, ante todo, como un xeógrafo e viaxeiro apaixonado. As miñas principais liñas de investigación son a ordenación territorial, centrándome nos espazos abertos, as áreas protexidas e o desenvolvemento local/endóxeno; as paisaxes; as montañas; os estudos rurais e alimentarios; as áreas periurbanas; a xeografía política e cultural, incluíndo o desafiante campo dos estudos fronteirizos; e o turismo, nomeadamente os turismos de natureza e/ou rural. Dediquei o meu traballo a ampliar o coñecemento xeográfico das miñas nacións (Galiza e Cataluña), Australia Occidental (que considero o meu país adoptivo) e rexións máis amplas (especialmente, a Península Ibérica, a Unión Europea e América Latina). Este é un vídeo sobre a miña investigación nas Montañas de Trevinca: https://www.youtube.com/watch?v=ef7LHc0n7yE (en galego, con subtítulos en inglés)