Departamento: Departamento de Dereito Común

Facultad: Facultade de Dereito

Área: Dereito Internacional Privado

Grupo de investigación: De conflictu legum

Correo el.: javier.maseda@usc.es

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese El Control de la constitucionalidad de la ley extranjera 1995. Dirixida por Dr. Santiago Álvarez González.

Licenciado en Dereito pola USC en 1991, comeza inmediatamente a súa carreira universitaria vencellado á Área de Dereito internacional privado como bolseiro de F.P.I (1992-1995). Doutor en Dereito en 1996, ocupa posteriormente unha praza de Profesor Asociado (1995-1997) e, máis tarde, unha Axudantía de Universidade (1997-2002), sendo dende o ano 2003 Profesor Titular de Dereito internacional privado. Membro do Grupo de Investigación De conflictu legum, forma parte como investigador principal ou participante de distintos Proxectos de Investigación na materia, así como, xunto con outros investigadores, do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas en réxime de concurrencia competitiva (2006-2007; 2011-2013; 2014-2016; 2017-2020; 2021-2024). Desenvolve labores de investigación en distintos centros de investigación estranxeiros, como o Max Planck Institut für auslandïsches und internationalen Privatrecht (Hamburgo-Alemania), e für Geistiges Eigentum, Wettbewerbs- und Steuerrecht (Múnich-Alemania), o Institut Suisse de Droit Comparé (Lausanne-Suiza), o Institut für Ausländisches und Internationales Privat- und Wirtschaftsrecht (Heidelberg-Alemania), ou a The Hague Academy of International Law (A Haia-Países Baixos), ao igual que labores docentes en diferentes Máster, Cursos de Especialización e Cursos de Doutoramento, ou como Profesor Visitante en centros estranxeiros como a Cátedra de Dereito internacional privado da Universidade Pública de Costa Rica (San José-Costa Rica). É tamén Diplomado en Relacións Laborais dende o ano 1995 pola Escola Universitaria de Graduados Sociais da USC. Así mesmo e dende o ano 1996 ata 2019, é Profesor-Titor de Dereito internacional privado e Filosofía do Dereito no Centro Asociado da UNED-A Coruña. Autor de varias monografías e de arredor dunha centea de publicacións entre artículos, participación en obras colectivas ou comentarios críticos de xurisprudencia, mención especial merecen varios dos seus traballos, non só polo seu interese científico, tamén por ser das primeiras publicacións da disciplina do Dereito internacional privado escritos en galego. É co-autor de distintas obras relativas á formación e innovación docente, sendo integrante en diferentes períodos do Grupo de Formación e Innovación Docente da USC, do Grupo de Traballo de Calidade da Docencia ou da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito da USC. Asistente en diferentes Xornadas e Congresos nacionais e internacionais, e participante como secretario, ponente ou coordinador en varios deles, desenvolve labores de dirección de tesis doutorais, así como de diferentes traballos de investigación, tendo sido membro así mesmo da Comisión de Doutoramento da Facultade de Dereito da USC. Ten recoñecidos catro tramos de avaliación individual da actividade investigadora (4 sexenios): 1995/2000, 2002/2007, 2008/2013, 2014-2020.