
MARIA DOLORES
FERNANDEZ TILVE
Profesora titular de universidade
Departamento: Departamento de Pedagoxía e Didáctica
Facultad: Facultade de Ciencias da Educación
Instituto: Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
Área: Didáctica e Organización Escolar
Grupo de investigación: ATALAIA Grupo de Investigación ATALAIA
Correo: mdolores.fernandez.tilve@usc.es
Web persoal: http://atalaia.usc.es
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Las modalidades de formación del profesorado un estudio de su valoración en Galicia 2003. Dirixida por Dra. María Lourdes Montero Mesa.
Profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación. A súa actividad docente e investigadora, amplia e recoñecida, está estreitamente ligada ao campo da formación e o desenvolvemento profesional do profesorado. Un campo de estudio no que se cruzan liñas de traballo diversas (inclusión socioeducativa, reformas educativas, novas tecnoloxías, educación emocional, benestar dixital, xénero e educación, educación patrimonial, etc.). Como investigadora conta cunha produción científica de elevado impacto (libros, capítulos de libros, artigos, recensións, notas, revisión técnica de libros, coordinación de monográficos, patentes e marcas en explotación, dirección de teses doutorais, organización de congresos, etc.), derivada fundamentalmente da súa participación activa en numerosos proxectos de investigación europeos, nacionales e autonómicos competitivos, así como Redes de Investigación e Innovación Educativa. Realizou diferentes estancias en centros de investigación extranjeros e participou en programas de movilidade docente, con financiación por parte de organismos públicos. Impartiu numerosos cursos e conferencias a nivel nacional e internacional. Actualmente coordina o Grupo de Investigación ATALAIA da Universidade de Santiago de Compostela (https://atalaia.usc.es).