PABLO
DURAN SANTOMIL
Profesor titular de universidade
Departamento: Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
Facultad: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Centro de Investigación Interuniversitario: Centro de Investigación Interuniversitario en Economía e Empresa para a Sociedade (ECOBAS)
Área: Economía Financeira e Contabilidade
Grupo de investigación: VALFINAP Valoración financeira aplicada
Correo: pablo.duran@usc.es
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese El análisis financiero dinámico como herramienta para el desarrollo de modelos internos en el marco de solvencia II 2010. Dirixida por Dr. Luis Otero González, Dr. José Antonio Redondo López.
Pablo Durán Santomil (Santiago de Compostela, 1982) é profesor titular da área de Economía Financeira e Contabilidade (Dpto. de Economía Financeira e Contabilidade) na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Desenvolveu a súa formación académica nesta institución, obtendo a Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas (2005, con mención de Premio Extraordinario), a Licenciatura en Economía (2007, con mención de Premio Extraordinario), o Diploma de Estudos Avanzados (2007) e o Doutoramento en Finanzas Corporativas e Mercados de Capitais (2010). Realizou estadías predoutorais na Universidad Carlos III de Madrid e na Universidade do Minho (Braga). No ámbito docente, desenvolveu a súa carreira na USC ocupando as categorías de profesor substituto interino, axudante doutor, contratado doutor e, na actualidade, profesor titular. Exerceu tamén cargos de xestión, coma o de Secretario da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo (novembro de 2016 – xaneiro de 2020) e do Dpto. de Economía Financeira e Contabilidade (desde novembro de 2021 ata a actualidade). É membro do grupo de investigación Valoración Financeira Aplicada (VALFINAP) e de ECOBAS (Economics and Business Administration for Society). A súa actividade investigadora céntrase na xestión do risco empresarial (ERM), a sustentabilidade empresarial (ESG) e os produtos de investimento, ámbitos nos que foi recoñecido con galardóns como o Premio Valentín Paz Andrade. Conta con máis de 40 publicacións en revistas de prestixio indexadas no Web of Science (WoS) Core Collection, entre as que destacan Corporate Social Responsibility and Environmental Management, Journal of Business Research, Financial Innovation, Finance Research Letters, European Research on Management and Business Economics e International Review of Economics & Finance. Ademais, participa como revisor en máis de 20 revistas científicas indexadas no WoS. Finalmente, cómpre salientar a súa intensa actividade de transferencia de coñecemento, reflectida en máis de 40 proxectos e contratos de investigación realizados en colaboración con distintos organismos e empresas.