MANUEL
ANDRADE BALIÑO
Profesor contratado doutor
Departamento: Departamento de Matemática Aplicada
Facultad: Facultade de Matemáticas
Centro de Investigación Interuniversitario: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)
Área: Astronomía e Astrofísica
Grupo de investigación: OARMA Observatorio Astronómico Ramón María Aller
Correo: manuel.andrade@usc.es
Web persoal: http://www.manuelandrade.eu/
Teléfono: 881813147
Dirección: Facultade de Matemáticas (Santiago de Compostela)
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O problema de Gyldén-Mescerskij em cenários perturbados. Métodos e aplicações. 2007. Dirixida por Dr. J. A. Docobo Durántez.
Licenciado en Física (especialidade en Física de Partículas) e doutor en Matemáticas —con premio extraordinario— pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Desde 2003 desenvolve o seu labor docente e investigador no Departamento de Matemática Aplicada da USC, onde actualmente coordina a Área de Astronomía e Astrofísica. É membro da IAU e da SEA, investigador vinculado ao CITMAga e revisor dalgunhas das máis prestixiosas revistas de Astronomía indexadas no JCR. A súa actividade investigadora, recollida en numerosas publicacións científicas e contribucións a congresos internacionais, céntrase na Astrometría e na Mecánica Celeste. No ámbito da astronomía observacional, foi responsábel das campañas de observación e da redución de imaxes en proxectos de interferometría speckle de estrelas binarias desenvolvidos polo grupo de investigación da Área de Astronomía e Astrofísica da USC (OARMA). No ámbito teórico traballou na integración analítica de sistemas hamiltonianos, desenvolvendo un método canónico multiparamétrico de perturbacións baseado en transformacións de Lie, aplicábel a problemas perturbados de n corpos. Nos últimos anos os seus intereses oriéntanse á dinámica orbital de sistemas estelares e planetarios múltiples, con especial atención ao cálculo robusto de órbitas e masas e á análise da súa estabilidade. A súa liña de investigación máis recente —iniciada tras determinar a traxectoria atmosférica e a órbita heliocéntrica previa ao impacto do meteorito de Traspena, o primeiro recuperado na Galiza— céntrase na dinámica de meteoroides e asteroides e na determinación de potenciais traxectorias de colisión coa Terra. Ademais, mantén unha consolidada traxectoria na divulgación científica e na loita contra a polución luminosa, iniciada coa creación da Sociedade Astronómica da Estrada, da que foi impulsor e membro fundador.