Departamento: Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Facultad: Facultade de Farmacia

Instituto: Instituto de Materiais

Agrupación estratéxica de I+D+i: Agrupación Estratéxica en Materiais (AEMAT)

Área: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Grupo de investigación: I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos

Correo el.: carmen.alvarez.lorenzo@usc.es

Web persoal: https://www.idfarmausc.es/

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Hidroxipropilcelulosas (L-HPCs y HPCs) como excipientes base en liberación controlada. Importancia de sus propiedades estructurales y reologicas. 1998. Dirixida por Dr. Ángel Concheiro Nine.

Carmen Alvarez-Lorenzo (Licenciada e Doutora en Farmacia, con Premios Extraordinarios) é Catedrática de Tecnoloxía Farmacéutica na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Foi contratada postdoutoral no Massachusetts Institute of Technology (MIT, USA) (1998-2001) e investigadora “Ramón e Cajal” na USC (2001-2006). O seu traballo sitúase na interface entre a tecnoloxía farmacéutica, a bioloxía, a ciencia dos materiais e a medicina. En particular, investiga sobre nano-transportadores de fármacos e xenes, hidrogeles sensibles a estímulos e con capacidade de recoñecemento molecular, sistemas bioinspirados para administración de fármacos, scaffolds para medicina regenerativa e produtos de combinación fármaco-produto sanitario. Dirixiu numerosos proxectos autonómicos, nacionais e internacionais. É coautora de máis de 360 artigos, 30 capítulos de libros, 20 patentes e máis de 400 conferencias convidadas e contribucións a congresos, e coeditora de dous libros. Indice h: 80 (Google Scholar; maio 2023). Posición 7º no índice h en Farmacoloxía e Farmacia de España (https://grupodih.info/saúde.html), e entre as 100 Mellores Científicas Residentes de España. Foi presidenta da Comisión Redactora e Coordinadora do Master Interuniversitario (USC-UVigo) en Nanociencia e Nanotecnoloxía (2018-2022). Directora de 27 Tese Doutoral e outras 10 en curso. É membro do comité editorial de revistas como Journal of Controlled Release e Carbohydrate Polymers, e editora do International Journal of Pharmaceutics. É Académica Numeraria da Real Academia de Farmacia de Galicia e da Real Academia Galega de Ciencias e Fellow do American Institute for Medical and Biological Engineering (AIMBE). Medalla Angeles Alvariño 2021. Actualmente é Coordinadora do Grupo de Referencia Competitiva I+DFarma (Xunta de Galicia) (http://idfarmausc.es/) e Directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS).