Oferta científica

  • Asesoramento a centros educativos e institucións que traballan con nenos e xóvenes con problemas de conducta
  • Avaliación do desenvolvemento lingüístico e comunicativo mediante as escalas MacArthur-Bates e outros instrumentos
  • Elaboración, implementación e avaliación de programas de prevención e intervención en dificultades do desenvolvemento psicolóxico
  • Formación de profesionais no ámbito socioeducativo para a prevención das conductas de risco en nenos/as e adolescentes. Formación para a aplicación dos programas desenvolvidos polo noso equipo (Construíndo Saúde, EmPeCemos)
  • Manexo do sistema computerizado CHILDES para transcripción da linguaxe infantil
  • Sistema online de avaliación do desenvolvemento inicial comunicativo e lingüístico mediante o Inventario do Desenvolvemento de Habilidades Comunicativas (Escalas MacArthur-Bates)
  • Valoración do Risco de Adolescentes Infractores (VRAI): Protocolo de avaliación do risco para menores no campo da xustiza xuvenil