Liñas de investigación

  • As enfermidades crónicas das vías aéreas (p.ex., asma e EPOC) son enfermidades heteroxéneas con varios fenotipos/endotipos, cada un deles con diversos mecanismos inmunopatoxénicos específicos, nos cales participan subgrupos celulares inmunes específicos.
  • A primeira liña de investigación do grupo pretende o estudo da heteroxeneidade das subpoboaciós celulares inmunes, con especial énfasis en linfocitos T colaboradores (Linfocitos Th1, Th2, Th17), pero tamén en células da inmunidade innata, como eosinófilos, neutrófilos, células linfoides innatas ou linfocitos T gamma-delta. Estudo dos mecanismos de activación destas células, así como das súas funcións efectoras ou reguladoras no marco das enfermidades crónicas das vías aéreas como o asma ou a EPOC.
  • Os diferentes fenotipos moleculares e endotipos asmáticos ou en EPOC presentan mecanismos patoxénicos e fisiopatolóxicos específicos que se traducen en alteracións de diferentes biomoléculas (miRNAs, mRNAs, proteínas). Estas alteracións veranse reflexadas no el proteoma, transcritoma e miRNAoma libre o de nanovesículas presentes en biofluidos (e.g., soro, ouriños), que serán dependentes do fenotipo/ endotipo, a gravidade da enfermedade ou o tratamento da mesma.
  • Por elo, a segunda liña de investigación do grupo pretende o estudo do proteoma, transcritoma, y miRNAoma libre e de exosomas presentes en biofluidos (soro, ouriños) en subgrupos de pacientes con asma/EPOC con distintas gravidades, fenotipos ou endotipos, co fin de identificar novas vías patolóxicas e predecir a resposta aos tratamentos.
  • Análise molecular e perfil celular en pacientes con dermatite atópica. Proxecto MAP-AD (PI25/00440)
  • Esta liña de investigación en dermatoloxía céntrase no estudo dos mecanismos moleculares e celulares implicados na dermatite atópica e no prúrigo nodular, dúas enfermidades inflamatorias crónicas da pel cun importante impacto clínico e social.
  • O noso obxectivo é identificar biomarcadores diagnósticos e prognósticos, así como novas dianas terapéuticas, mediante un enfoque traslacional que integra mostras clínicas, modelos funcionais e análises multi-ómicas. Prestamos especial atención aos procesos de inflamación crónica, remodelado tisular e fibrose, así como á interacción entre células inmunes e estruturais da pel.
  • O proxecto MAP-AD combina perfilado celular avanzado, estudos moleculares e validación funcional, en estreita colaboración co Servizo de Dermatoloxía do CHUS, permitindo unha conexión directa entre a investigación básica e a práctica clínica. Esta liña reforza a estratexia do grupo de estender metodoloxías desenvolvidas en asma e enfermidades alérxicas cara a outras enfermidades inflamatorias crónicas, contribuíndo ao avance da medicina personalizada en dermatoloxía.