Unha cooperación galega ao desenvolvemento de cero absoluto (-273,15º). Análise do proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013

  1. Pastoriza Rozas, Xosé Luís
Journal:
Coordinadora Galega de ONGD

Year of publication: 2012

Type: Working paper

DOI: 10347/33313 GOOGLE SCHOLAR lock_openMINERVA editor

Abstract

Documento de traballo número 5 da Coordinadora Galega de ONGD: O venres 28 de decembro de 2012 foi presentado no Parlamento de Galicia o Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2013. Con este acto de presentación ante a Presidenta do Parlamento iníciase o longo proceso de debate parlamentario que levará á aprobación dos devanditos orzamentos no pleno orzamentario do día 26 de febreiro de 2013. Este novo informe da Coordinadora Galega de ONGD quere presentar á opinión pública unha análise dos devanditos orzamentos en relación á esmorecente cooperación exterior ao desenvolvemento da Xunta de Galicia dando continuidade ás análises publicadas desde o ano 2009.