Las empresas públicas de gestión de residuos sólidos urbanosmodelo para desarrollo sustentable

  1. Carvajal Romero, Héctor
Dirixida por:
  1. Mercedes Teijeiro Álvarez Director
  2. María Teresa García-Álvarez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 09 de febreiro de 2024

Tribunal:
  1. Nuria López Mielgo Presidente/a
  2. José López Rodríguez Secretario/a
  3. Rubén Lado Sestayo Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Esta tese de doutoramento analiza os modelos de xestión de residuos sólidos xerados polo ser humano e a intervención de ministerios, concellos ou outras entidades gobernamentais mediante esforzos en tarefas de redución, reciclaxe, reúso, reprocesamiento, transformación e vertedura dos mesmos. O capítulo 1 é una revisión bibliográfica onde se analiza a problemática existente nas últimas décadas na xeración de residuos e a evolución da política ambiental identificando a problemática existente no control e xestión dos residuos. O capítulo 2 desenvolve a análise da xestión de residuos sólidos urbanos en Europa onde se detallan aspectos relevantes á redución, reutilización e reciclaxe ademais das políticas e obxectivos aplicados á Unión Europea e como a súa evolución favoreceu os procesos de reciclaxe e reutilización. Da mesma maneira, ponse en consideración as normas básicas utilizadas en base a residuos xerais, residuos perigosos e traslado fronteirizo de residuos, sendo a lexislación comunitaria que achega á eficiencia da xestión. O capítulo 3 analiza o modelo de xestión do manexo de residuos sólidos urbanos na provincia do Ouro en Ecuador, onde se conta con catorce municipios, os cales produto dos seus residuos orgánicos e non orgánicos requiren da aplicación de controis que melloren a xestión destes, identificando o cumprimento co marco normativo vixente.