O poder solidario do local : a cooperación municipalista para o desenvolvemento en Galicia

  1. Pastoriza Rozas, José Luis

Ano de publicación: 2021

Tipo: Libro

Resumo

A comezos dos anos 90 do pasado século nacía a políticapública de cooperación internacional para o desenvolvemento enGalicia como expresión do compromiso solidario da cidadanía galega cos países empobrecidos. En 1991 fundábase a Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD). Un ano máis tarde asinábase oprimeiro convenio de colaboración entre a Axencia Española deCooperación Internacional e a Xunta de Galicia, e no 1997 constituíase o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FondoGalego) a iniciativa de dez concellos galegos co apoio do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).Non obstante, xa antes desta institucionalización, o poder localgalego amosara un activo compromiso solidario no apoio a causas sociais internacionalistas e na resposta a crises humanitariascomo a situación do pobo saharauí, os estragos do furacán Mitch,o xenocidio ruandés e a crise de persoas refuxiadas nos GrandesLagos, etc.Nestas case tres décadas de historia, o sistema galego decooperación foise configurando de vagar dotándose dun marconormativo e de diversos documentos estratéxicos de referenciacomo os Plans estratéxicos do Fondo Galego ou os Plans Directores da Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Ao tempo, xeráronse capacidades institucionais, mobilizouse a sociedade civil, persoal das administracións públicas e cargos públicos, creouseconciencia solidaria pola xustiza global nas entidades locais, esuperáronse numerosos atrancos e ameazas como a alongada crise económica, financeira e fiscal da última década. No horizontedeste traballo colectivo estivo sempre presente a esperanza e ailusión pola construción en man común desde o local dun mundoliberado da pobreza extrema e as desigualdades, comprometidona loita contra o cambio climático e en que se realizan eficaz eplenamente os dereitos humanos, a xustiza social e ecolóxica e odesenvolvemento humano sustentable.