Escenarios futuros de seguridade alimentaria en Galicia nun contexto de cambio ambiental
- Loureiro Veira, Xurxo
- Urbano Fra Paleo Director/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 12 de diciembre de 2023
- Xavier Simón Fernández Presidente/a
- Ana Cabana Iglesia Secretaria
- Cecília María Neves Delgado Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
O obxectivo principal desta tese é estudar a capacidade do sistema agroalimentario galego para garantir a seguridade alimentaria en Galicia nun contexto de cambio pola intervención de varios procesos subxacentes. Entre estes procesos atópanse o cambio climático, os procesos de reconversión agrícola, e os de urbanización que orixinaron o sistema de poboamento actual en Galicia. A metodoloxía empregada apoiarase en diversas técnicas e métodos de cálculo como a realización de entrevistas e análise documental; o cálculo da capacidade do sistema local para cubrir a demanda; e a construción, análise e interpretación de escenarios futuros a través da análise morfolóxica asistida por ordenador.