ANA
CABANA IGLESIA
Profesora titular de universidade
Departamento: Departamento de Historia
Facultad: Facultade de Humanidades
Centro de Investigación Interuniversitario: Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC)
Universidad: Universidade de Santiago de Compostela
Área: Historia Contemporánea
Grupo de investigación: HISTAGRA Historia agraria e política do mundo rural. Séculos XIX e XX
Correo: ana.cabana@usc.es
Teléfono: Ext. 24728
Dirección: Facultade de Humanidades. Campus de Lugo
Web persoal: https://histagra.usc.es/es/persoas/9/ana-cabana-iglesia
Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Entre a resistencia e a adaptación a sociedade rural galega no franquismo (1936-1960) 2006. Dirixida por Dr. Lourenzo Fernández Prieto.
Profesora titular do Departamento de Historia (acreditada a catedrática en 2024). Licenciada en Historia (1998), Diplomada en Estudos Avanzados (2001) e doutora en Historia (2006, premio extraordinario). É PDI da área de Historia Contemporánea con adscripción á Facultade de Humanidades e con encarga docente tamén na Facultade de Formación do Profesorado e na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus de Lugo, desde 2003 (contrato Axudante LOU). Membro do Grupo de Investigación de Referencia Competitiva HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX), forma parte do persoal investigador do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais) e colabora co CIFEX (Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero da USC). As súas liñas de investigación prioritarias son o estudo da sociedade e as súas actitudes durante a ditadura franquista, a análise da conflitividade rural no século XX e a historia das mulleres. Todas elas se teñen desenvolvido a través da participación en máis de trinta proxectos de investigación de concorrencia competitiva e transferido nunha ducia de convenios. Na actualidade é investigadora principal dun proxecto I+D+I do Ministerio de Ciencia, dun proxecto fincanciado polo Instituto de las Mujeres (Ministerio de Igualdade) e doutro de divulgación científica da FECYT. As súas achegas teñen sido publicadas en varias monografías, en máis de corenta artigos en revistas indexadas (Ayer, Historia Agraria, Historia Social, History & Anthropology, Journal of Rural Studies, etc.) e noutros tantos capítulos de libro en editoriais académicas de alto impacto (Cátedra, Marcial Pons, Comares, PUV, etc.). As súas investigacións sobre historia das mulleres teñen sido recoñecidas con dous primeiros premios nas convocatorias dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero en Docencia e Investigación da USC (2019 e 2023). Ten realizado estadías na Universidade Nova de Lisboa, o Centro Cañada Blanch da London School of Economics and Political Science (LSE), a Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade Pablo de Olavide de Sevilla e tamén ten sido profesora invitada en Middlebury College (Vermont), Hofstra University (NY), New York University e na Université de Toulouse Jean-Jaurès. Na actualidade forma parte do Comité Científico do Comisionado de "España en Libertad-50 años-" e ocupa unha das tres vogalías de Historia da Comisión técnica sobre símbolos y elementos contrarios a la memoria democrática da Secretaría de Estado de Memoria Democrática do Ministerio de Política Territorial. Tamén exerce como vogal da Xunta Directiva da Sociedad de Estudios de Historia Agraria (SEHA) desde 2016, e é co-directora da Cátedra Juana de Vega da USC desde 2020. É a investigadora responsable do Grupo de Innovación Docente "Ruralia" (GIDRUR) e membro do GID "Xuvenciencia".