Factores de riesgo y protección asociados al consumo de alcohol y otras drogas en adolescentes de secundaria

  1. Rial Gómez, Beatriz
Dirixida por:
  1. Eva María Espiñeira Bellón Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 14 de decembro de 2023

Tribunal:
  1. María Josefa Mosteiro García Presidenta
  2. Rocío Chao Fernández Secretario/a
  3. José Genaro Soto Carballo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 827661 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O consumo de substancias na adolescencia constitúe unha das maiores preocupacións a nivel social e sanitario, dada a importancia desta etapa da vida. Existen gran número de investigacións previas nas que se determinaron cales poden ser os factores de risco que poden aumentar o consumo, fronte a outros factores de protección, os cales poden reducir o achegamento cara a un consumo problemático. Xorde de aí a idea da formulación deste traballo de investigación: avaliar que tipo de factores priman na actualidade nos nosos adolescentes e cales teñen maior asociación ante o consumo de substancias. Para iso establécese unha investigación de carácter mixto na que se enquisa a alumnado e membros dos equipos directivos e de orientación de centros educativos da cidade da Coruña. Os resultados poñen de manifesto unha estrutura de factores de risco e protección, que en ocasións non coincide co expresado polas direccións e orientadores/as dos devanditos centros, polo que se conclúe que este aspecto ha de ser valorado en función das necesidades que presenten os/as adolescentes que atendemos e a prevención ha de levarse a cabo, por tanto, de forma personalizada.