El 23 Frelato histórico, literario y audiovisual : una perspectiva comparada

  1. Bermúdez de Castro Olavide, Ignacio
Dirixida por:
  1. José-María Paz-Gago Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 17 de novembro de 2023

Tribunal:
  1. José Manuel Otero Lastres Presidente/a
  2. Cristina Barreiro Gordillo Secretario/a
  3. Roberto Luis Blanco Valdés Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Os feitos acontecidos en España o 23 de febreiro de 1981 son de interese xeral para todos os cidadáns do noso país. Coma un máis, o autor desta tese participa de tal interese. En consecuencia, inicia o seu traballo cun relato histórico que permita contextualizar o que pretende realizar. Isto é: investigar sobre todo o que os acontecementos daquela xornada –de tan triste lembranza– e as súas secuelas induciron na creación fabulatoria textual, gráfica e audiovisual, para finalizar cunha perspectiva comparada das materias tratadas e as súas conclusións. Sorprende a este investigador (e sorprendería a quen continuase na súa liña de traballo) a cantidade –e a calidade nalgúns casos– de obras que produciu o intento de golpe de estado do 23F. Sen dúbida foi traumático para unha cidadanía que desde cinco anos atrás viña saíndo dunha férrea ditadura doutros corenta, o cal disparou a creatividade. Sendo tan grave a causa e tan grande o seu efecto, nesta tese o estudo limítase a canto se poida abranguer en certos campos: novela, poesía, teatro, humor gráfico, cinema, televisión, videoxogos e pintura. Fican outros por explorar, algún deles relacionado co que vén expoñer. O franquismo e a súa censura fixeran moito dano ao mundo intelectual español, o cal afectaría o rigor de obras estudadas dentro das áreas creativas escollidas. Con todo, o traballo realizado non fai distincións: céntrase nunha análise exhaustiva, conxunta e comparativa de todo o investigado que entrou no corpus da cultura española