Avaliación agronómica e produtiva do trigo " Caaveiro " ecolóxico vs convencional

  1. Almeida-García, F. 1
  2. Roca-Fernández, A.I. 1
  3. Díaz-Hernández, M.B. 1
  4. Neira-Seijo, X.X. 1
  5. Omil-Ignacio, B. 2
  6. Ramos-Cabrer, A.M. 1
  7. Ruíz-Nogueiras, B. 1
  8. Pereira-Lorenzo, S. 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
  2. 2 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Edafoloxía e Química Agrícola
Book:
Dende a produción á panificación do trigo galego 'Caaveiro' en cultivo ecolóxico vs. convencional
  1. Mª Ángeles Romero Rodríguez (coord.)
  2. Santiago Pereira Lorenzo (coord.)

Publisher: Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvimento Rural (IBADER) ; Universidad de Santiago de Compostela

Year of publication: 2022

Pages: 34-52

Type: Book chapter

Abstract

A produción do Pan Galego demanda o incremento da produción de trigo autóctono na comunidade, e o seu manexo en condicións ecolóxicas é un dos aspectos básicos na economía circular con baixos insumos. A ampla diversidade de ecotipos galegos e a súa conservación en Galicia permitiu dispoñer dunha base xenética diferenciada, local e adaptada ao medio. O manexo do cultivo en condicións ecolóxicas é un reto, no que a experiencia e a tecnoloxía deben garantir a rendibilidade ante as maiores dificultades para manter o rendemento sen os aportes dos fertilizantes de síntese e co control fitosanitario limitado aos produtos autorizados. Para levar a cabo a avaliación agronómica e produtiva do trigo ‘Caaveiro’ ecolóxico vs. convencional, estableceuse unha parcela de ensaio en Carral (A Coruña). O deseño da parcela seguiu un deseño en bloques ao azar con 4 repeticións. Sementouse trigo ‘Caaveiro’, tremoceiro e espelta, seguindo prácticas ecolóxicas e convencionais, previo análise do solo para definir o abonado previo. Os resultados amosaron que a produción en ecolóxico foi un 30% inferior á do manexo en convencional debido, principalmente, á dificultade para o control das malas herbas e a limitación das restricións ás aplicacións de fertilizantes e fitosanitarios.