Avaliación da biota edáfica e entomofauna polinizadora en cultivo de trigo " Caaveiro " en convencional vs. ecolóxico

  1. Carral, E. 1
  2. Otero, C. 2
  3. Roca-Fernández, A.I. 3
  4. Rodríguez, T. 2
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Bioloxía Funcional
  2. 2 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
  3. 3 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Libro:
Dende a produción á panificación do trigo galego 'Caaveiro' en cultivo ecolóxico vs. convencional
  1. Mª Ángeles Romero Rodríguez (coord.)
  2. Santiago Pereira Lorenzo (coord.)

Editorial: Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvimento Rural (IBADER) ; Universidad de Santiago de Compostela

Ano de publicación: 2022

Páxinas: 53-74

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

A biota edáfica resulta clave para o desenvolvemento das plantas. Ao longo do estrato solo-planta pódense distinguir ata catro compartimentos nos cales o solo, a rizosfera, as raíces e a planta atópanse involucrados. A abundancia e a diversidade de especies nos cultivos vese a miúdo afectada por diferentes factores, tales como: o manexo e o compartimento. O obxectivo deste ensaio foi a avaliación do efecto do manexo (convencional vs. ecolóxico) e do compartimento (aire, solo, rizosfera, raíces e planta) na biota e entomofauna presente en parcelas de trigo ‘Caaveiro’. Os resultados amosaron unha maior abundancia de especies bacterianas no inicio que no fin do ensaio, en convencional fronte ao ecolóxico (aínda que a diversidade foi semellante en ambas datas e manexos), cunha maior abundancia e diversidade de especies nos compartimentos de solo e rizosfera; acadando nos resultados do test Adonis que o 73% destas diferenzas foron debidas ao compartimento. Na fauna epiedáfica, as parcelas de cultivo convencional presentaron unha maior abundancia de especies, pero uns índices de diversidade menores que as de ecolóxico. Detectouse unha baixa presenza de entomofauna aérea. Sería preciso realizar máis estudos para dilucidar os efectos sobre a biota no cultivo de trigo ‘Caaveiro’ en convencional vs. ecolóxico.