Cambios en el compromiso con los deberes escolares y su incidencia sobre el rendimiento académico en educación primaria

  1. Rodríguez Llorente, Carolina
Dirixida por:
  1. Antonio Valle Arias Director
  2. Susana Rodríguez Martínez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 14 de xullo de 2023

Tribunal:
  1. Miguel Anxo Santos Rego Presidente
  2. Isabel Piñeiro Aguín Secretario/a
  3. Iván M. Jorrín Abellán Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 818635 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Co propósito de mellorar a comprensión sobre a implicación do alumnado na realización de deberes escolares e sobre a incidencia desta no rendemento académico a longo prazo, esta investigación ten como obxectivos analizar a evolución do compromiso motivacional, emocional e condutual cos deberes en educación primaria e establecer o seu potencial explicativo sobre o rendemento ao final esta etapa. Deseñouse unha investigación explicativa lonxitudinal en panel na que participaron 212 estudantes de 4º de educación primaria de seis centros públicos galegos durante tres cursos académicos. Recolleuse información sobre o seu compromiso mediante cuestionario e as cualificacións asignadas polo profesorado en 6º curso en catro materias. Os resultados dos ANOVA de medidas repetidas suxiren que o compromiso motivacional cos deberes diminuiría progresivamente de 4º a 6º curso, mentres que o compromiso condutual seguiría unha tendencia cadrática ou en curva. Os resultados do path analysis mostran que o compromiso motivacional en 4º predí o compromiso condutual en 5º e este o rendemento en 6º con algunhas diferenzas entre materias. Este estudo revela a importancia de atender ao compromiso motivacional, emocional e condutual do alumnado de primaria cos deberes para potenciar o seu efecto sobre o rendemento, apuntando á intervención sobre variables concretas.