Historia da división comarcal de Galicia

  1. Alejandro Otero Varela
Dirigida por:
  1. Valerià Paül Carril Director

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 22 de junio de 2023

Tribunal:
  1. Joan Tort Donaza Presidente/a
  2. Francisco Ramón Durán Villa Secretario
  3. Sandrina Ferreira Antunes Vocal
Departamento:
  1. Departamento de Geografía

Tipo: Tesis

Resumen

Esta investigación pescuda o debate acerca das comarcas acontecido en Galicia desde que este se expón como tal, tanto no que respecta aos discursos que se xeraron ao seu redor como aos mapas que se foron deseñando. O obxectivo principal consiste en determinar os distintos significados que se lle atribuíron a esta escala territorial en Galicia, de xeito que se dea determinado como foron evolucionando. Para acadar este obxectivo, desenvolvemos unha análise bibliográfica en profundidade, con especial dedicación á recollida sistemática e cartografado de todas as divisións territoriais realizadas (n=134). Metodoloxicamente, empregamos tamén técnicas cualitativas para obter uns resultados máis ricos e plurais no que fai á experiencia comarcalizadora dos anos 1990-2000, cando se produciu un proceso de comarcalización como tal do país. Os resultados acadados permiten evidenciar que os discursos, os mapas e os significados das comarcas foron mudando en relación cos contextos políticos e académicos nos que se inseriron, cunha particular relevancia que acadaron as motivacións de tipo ideolóxico, nomeadamente o rol concedido ás comarcas polo nacionalismo galego.