Las noticias de las páginas web oficiales de los clubes de la Liga de Fútbol Profesionalestudio de caso del Athletic Club, Real Sociedad y Deportivo Alavés

  1. David Guardo Puertas
Dirixida por:
  1. Xosé Soengas Pérez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 29 de maio de 2023

Tribunal:
  1. Ana Isabel Rodríguez Vázquez Presidenta
  2. José Rúas Araújo Secretario/a
  3. Francisco García García Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencias da Comunicación

Tipo: Tese

Resumo

O fútbol consolidouse como o deporte máis popular no último século cuxo fenómeno universal inflúe desde a raíz da sociedade ata a súa prolongación cara a economía e a política. O desenvolvemento da internet e a aparición da páxina web multiplicaron o efecto global construíndo novas realidades. En paralelo, xurdiu unha nova fenomenoloxía no deporte que afecta ás múltiples dimensións da comunicación corporativa dentro do ecosistema actual dos medios e da converxencia dixital. As prácticas comunicacionais contemporáneas dos clubs, que operan como empresas globais, teñen en conta as novas realidades socioeconómicas con relación aos seus modelos de ingreso e establecen unha relación de interacción coas audiencias heteroxéneas que transcorren desde o local ao global. Esta investigación ten como finalidade caracterizar as publicacións da sección noticias das páxinas web corporativas de tres clubs deportivos da liga de Fútbol Profesional e determinar cal é o papel que se lle dá á web dentro do ecosistema mediático e evolutivo que empregan os departamentos de comunicación. O estudo parte dunha análise de contido das pezas informativas da sección noticias da páxina web oficial, que constitúen unha parte específica dentro da complexa e expansiva comunicación dixital dos clubs profesionais e desenvólvese a partir do estudo de caso de tres clubs históricos: Athletic Club, Real Sociedad e Deportivo Alavés, e da consulta aos directores de comunicación correspondentes. De acordo cos resultados obtidos, os clubs analizados utilizan a páxina web como unha plataforma de comunicación aínda importante para o club a pesar de que consideren que está a perder interese e protagonismo fronte ao auxe das redes sociais. As publicacións analizadas, aínda que responden a un tratamento diario, profesional e dedicado, o modelo de cada club é diferente no uso de elementos multimedia, hipertextuais ou paralingüísticos. Aínda que se caracterizan polo xeral na axenda temática do club e na elaboración dun modelo de noticia cuxo contido é breve e onde o resto dos xéneros xornalísticos que se abordan son escasos, tanto no volume de produción como na extensión do contido.