Rule and Improvisationan Ontology of Music

  1. Pablo Seoane Rodríguez
Dirixida por:
  1. Xavier de Donato Rodríguez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 31 de marzo de 2023

Tribunal:
  1. Manuel García-Carpintero Presidente/a
  2. Concepción Martínez Vidal Secretaria
  3. Alessandro Giovanni Bertinetto Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Filosofía e Antropoloxía

Tipo: Tese

Resumo

Esta tese defende (1) que a improvisación musical é a xestión en tempo real por parte de toda intérprete dese exceso de propiedades musicais non codificadas por ningún conxunto de instrucións, nin previstas pola intérprete mesma, que atopamos en toda interpretación; (2) que, polo tanto, toda interpretación musical é improvisativa en menor ou maior medida; (3) que toda interpretación procede sempre dun conxunto de instrucións (non necesariamente textual), posto que non hai ocorrencia ou emisión musicais que teñan lugar ex nihilo ou dentro dun suposto baleiro normativo; (4) que non existe obra musical desligada ou independente dunha interpretación, en virtude do chamado requisito sensorial mínimo; e (5) que unha forma de deflacionismo carnapiano é a mellor estratexia ontolóxica para dar conta de en- tidades artefactuais culturais e dependentes da mente humana como as obras musicais. En consecuencia de todo o antedito, (6) unha obra musical debe ser considerada unha entidade híbrida, irrepetible e im- provisativa, un obxecto físico/normativo (entendido nunha maneira deflacionaria, non-realista), a suma dun conxunto de instrucións (un artefacto particular abstracto) e unha interpretación (un obxecto con- creto).