Keu en la narrativa artúrica en verso en lengua francesa del siglo XIII

  1. Benmessaoud Lareo, Céline
Dirixida por:
  1. Santiago Gutiérrez García Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 16 de febreiro de 2023

Tribunal:
  1. Carlos Alvar Ezquerra Presidente/a
  2. Santiago López Martínez-Morás Secretario
  3. María Luzdivina Cuesta Torre Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Filoloxía Galega

Tipo: Tese

Resumo

O presente traballo indaga na configuración dunha figura ineludible á vez que contraditoria da narrativa artúrica en verso, en vista de que Keu mostra uns comportamentos que son susceptibles de degradar a perfección dun universo literario rexido por unha institución en esencia irreprochable. Con este propósito abórdanse as reinterpretacións deste personaxe nun corpus definido de textos, desde a especificidade da poética medieval, vale a dicir, baseada no principio da recreación dunha materia tratada por alguén previo. A través do estudo das accións, na súa maioría erradas, consubstanciais á figura de Keu, no errar, combater, dicir cortés, amar e servir, procúrase comprender o tratamento que os sucesores de Chrétien de Troyes conferiron aos desatinos do senescal do rei Arturo, e, polo tanto, ao paradoxo que este encarna na ficción. Deste xeito, preténdese valorar as reelaboracións que suscita este personaxe referente do mundo artúrico, nunha modalidade discursiva, xa próxima ao esgotamento no século XIII, fronte á emerxencia da prosa artúrica.