La lignina del toxouna vía sostenible para la síntesis de polímeros epoxi

  1. Meizoso Loureiro, Xil Roi
Supervised by:
  1. Senén Paz Abuín Director
  2. Felipe Macías Vázquez Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 22 September 2022

Committee:
  1. Herminia Domínguez González Chair
  2. Perfecto Paseiro Losada Secretary
  3. Alaitz Rekondo Garin Committee member
Department:
  1. Department of Soil Science and Agricultural Chemistry

Type: Thesis

Abstract

A ciencia polimérica usa masivamente moléculas con grupos OH reactivos para sintetizar monómeros ou directamente macromoléculas de todo tipo: epoxi, poliuretano, poliéster, fenolformaldehído, novolacas, etc. Moitas delas teñen ademáis a súa orixe en fenois, como o Bisfenol-A, que é precursor químico de policarbonatos, epoxis ou novolacas. Dita funcionalidade está moi presenta na lignina polo que consideramos que a biomasa pode ser unha alternativa ao petróleo para a obtención de numerosos materiais. Neste traballo de tese investigouse a obtención de lignina a partir dunha planta autóctona coma o toxo (Ulex Europeaus) e analizouse a súa estructura química en detalle. A partir de lignina, sintetizáronse precursores químicos de materiais poliméricos como as resinas epoxi e as resinas de poliuretano, de extensa aplicación industrial. Para optimizar a síntese, pretendeuse limitar ao máximo as etapas de procesado para aumentar así a rendabilidade enerxética e económica do proceso. Os precursores químicos sintetizados a partir da lignina foron caracterizados en detalle e con eles formuláronse polímeros termoestables. Estes formulados poliméricos foron caracterizados tamén mecánicamente, co obxectivo de comparar as súas propiedades con outros materiais comerciais da mesma familia. Os derivados de lignina sintetizados permitíronnos formular materiais con aplicacións diversas, principalmente no sector da enxeñería civil.