Sobrecarga e malestar psicolóxico en coidadores informais de persoas con demencia

  1. P. Otero
  2. F. L. Vázquez
Revista:
Psicoloxía clínica: anuario

ISSN: 1889-1187

Ano de publicación: 2009

Título do exemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro

Número: 3

Páxinas: 689-694

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Psicoloxía clínica: anuario

Resumo

O coidado dun familiar maior en situación de dependencia pode xerar un importante impacto psicolóxico sobre a vida do coidador. O obxectivo deste estudo é analizar a sobrecarga e o malestar psicolóxico e estudar a relación entre ambas variábeis nunha mostra de coidadores informais de persoas con demencia de Galicia. Utilizáronse a Escala de Carga do Coidador (CBI) e a Symptom Checklist 90 Revised (SCL-90-R). Un 30% dos suxeitos obtiveron unha puntuación total igual ou maior a 46 (punto de corte) na CBI. Con respecto ao malestar psicolóxico, todas as dimensións sintomáticas rexistradas na SCL-90-R situáronse por cima da media para o seu grupo normativo, e o índice global de severidade alcanzou unha puntuación centil de 85. Achouse unha correlación significativa positiva de r = 0.67 (p < 0.05) entre as puntuacións de CBI e SCL-90-R. Futuras investigacións poderían estudar programas de prevención e intervención na redución do malestar emocional dos coidadores informais con alto grao de sobrecarga.