Patrimonio, educación y ciudadanía
- Ramón López Facal Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Ano de defensa: 2022
Tipo: Tese
Resumo
Esta tese preséntase mediante o modelo de compendio de publicacións. Aborda o desenvolvemento de competencias do profesorado de educación primaria en formación inicial. Dende a perspectiva da educación patrimonial e mediante unha metodoloxía cualitativa, mostra que asumir un modelo crítico do patrimonio permite desenvolver no profesorado en formación competencias sociais que melloran a súa competencia social e cívica e redunda nunha mellor competencia profesional. Isto faise evidente ao comprobar a súa capacidade para trasladar a experiencia formativa adquirida nas aulas universitarias á formación cognitiva e social do alumnado de educación primaria.