A formación dos inspectores e inspectoras de educación e o desenvolvemento das súas competencias como profesionais do ensino: un estudo desde as ecoloxías de aprendizaxe

  1. Doural García, Andrea Carme
Dirixida por:
  1. Mercedes González Sanmamed Director
  2. Iris Estévez Blanco Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 11 de xullo de 2022

Tribunal:
  1. Margarita R. Pino Juste Presidente/a
  2. Bartolomé Rubia Avi Secretario/a
  3. Jesús Miguel Jornet Meliá Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 737035 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Coa presente investigación pretendemos coñecer como aprenden os inspectores e inspectoras de educación baixo a perspectiva das ecoloxías de aprendizaxe, de maneira que podamos albiscar o seu panorama formativo actual detectando as súas posibles necesidades e carencias. Para este fin, o enfoque elixido foi o mixto. Na primeira fase, de índole cualitativa, empregouse a estratexia metodolóxica do estudo de caso, a través da realización de entrevistas semiestruturadas a dous inspectores e unha inspectora en exercicio. Para a segunda fase, de natureza cuantitativa, elaborouse un cuestionario ad hoc aglutinando un total de sete escalas e que foi cumprimentado por 44 inspectores e inspectoras que desempeñan o seu labor en Galicia. Os resultados mostran que os inspectores e inspectoras teñen unha capacidade alta para dirixir a súa aprendizaxe, que a proveniencia das súas motivacións é maioritariamente intrínseca, e salientan a relevancia das TIC para súa formación. Con todo, demandan unha formación específica en aspectos xurídicos, entre outros.