Biotic Multipliers of Global Change: Herbivory Pressure on Kelp Forest

  1. Barrientos de la Llana, Sara
Dirixida por:
  1. Rodolfo Barreiro Co-director
  2. Cristina Piñeiro Corbeira Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 02 de xuño de 2022

Tribunal:
  1. Emma Cebrian Pujol Presidente/a
  2. Pilar Díaz-Tapia Secretaria
  3. João Nuno dos Reis Franco Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 724475 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Os efectos globais e locais da presión antropoxénica están a causar cambios na abundancia e distribución de macroalgas dominantes de costas rochosas temperás do mundo. Nos últimos anos, por exemplo, nalgunhas rexións documentouse o declive dos kelp, grandes algas pardas que forman bosques de importancia ecolóxica e económica, por efectos ligados ao cambio climático. As causas indirectas do cambio climático inclúen alteracións nas interaccións planta-herbívoro, como a introdución de peixes herbívoros non nativos, cuxo papel en zonas temperás era irrelevante no pasado. No noroeste (NO) de España no hai moito coñecemento do estado de conservación actual dos kelp. Por iso, nesta tese avaliáronse cambios en macroalgas comúns, poñendo especial interese en poboacións de kelp. No Capítulo I comparouse a frecuencia e distribución de 33 macroalgas perennes comúns do NO de España con datos recollidos 4 e 20 anos antes, para diferenciar cambios reais de flutuacións transitorias. Os Capítulos II e III centráronse no estado de conservación de bosques do kelp Laminaria ochroleuca e en estudar o porqué do seu recente declive. Finalmente, o Capítulo IV levouse a cabo na costa occidental australiana, zona relevante para o estudo da herbivoría ligada ao cambio climático en bosques de kelp.