Prophylaxis and topical treatment of infections associated to hearing aids and contact lenses
- Vivero López, María
- Carmen Álvarez Lorenzo Director
- Ángel Concheiro Nine Director
Defence university: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 22 February 2022
- María del Rocío Herrero Vanrell Chair
- Carlos Alberto García González Secretary
- Sara Nicoli Committee member
Type: Thesis
Abstract
O obxectivo xeral desta Tese de Doutoramento foi explorar a posibilidade de cargar audiófonos e lentes de contacto con compostos que poidan prever a formación de biopelículas ou abordar as infeccións xa preestablecidas. Para isto, levouse a cabo 1) a preparación por impresión 3D de audiófonos cargados con fármacos empregados no tratamento convencional de infeccións de ouvido, 2) o desenvolvemento de lentes de contacto dotadas de propiedades antibiofilm mediante a combinación de monómeros específicos no entramado polimérico (MPC) e a carga de resveratrol, 3) a optimización de lentes de contacto con MPC e a avaliación da cesión in vivo e a penetración do fármaco nos distintos tecidos do ollo e 4) o deseño de micelas poliméricas cargadas con resveratrol que poidan reforzar os resultados terapéuticos dos sistemas anteriores