Complexos de lantanoides como potenciais moléculas imán
- Matilde Fondo Director
- Jesús Sanmartín Matalobos Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Ano de defensa: 2022
- Ramón Vicente Castillo Presidente/a
- Isabel Garcia Santos Secretaria
- María José Heras Ojea Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A presente Tese de Doutoramento enmárcase dentro da área do magnetismo molecular, campo en continua expansión, motivada polas potenciais aplicacións dos imáns moleculares no almacenamento magnético de alta densidade, na espintrónica molecular e/ou na xeración de qubits que proporcionen melloras no campo da computación cuántica. Este traballo ten por obxectivo final a obtención de novos imáns moleculares de lantanoides con barreiras enerxéticas e temperaturas de bloqueo elevadas. Nel descríbense o deseño racional e o traballo levado a cabo para a obtención de diversas series de complexos metálicos de lantanoides con potencial comportamento de moléculas imán, así como a súa caracterización estrutural, estudo das propiedades magnéticas e, nalgúns casos, estudos de luminescencia e mediante cálulos ab intio. Con esta investigación preténdese ademais xerar novas correlacións magnetoestruturais que permitan obter imáns moleculares con propiedades melloradas.