La creación de experiencias en dispositivos móvilesel diseño como herramienta para la generación de valor

  1. Cortés Cuns, Manuel
Dirixida por:
  1. Valentín Alejandro Martínez Fernández Co-director
  2. Óscar Juanatey Boga Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 13 de decembro de 2021

Tribunal:
  1. Francisco Campos Freire Presidente
  2. Félix Blazquez-Lozano Secretario/a
  3. Olga Blasco Blasco Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 695593 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Nos últimos anos, os dispositivos móbiles provocaron un forte impacto na sociedade, mellorando e transformando as nosas vidas e a gran maioría das tarefas diarias. A aparición do teléfono intelixente foi unha auténtica revolución, expandindo os límites das comunicacións e as relacións entre diferentes individuos e organizacións, tanto públicas como privadas. A evolución tecnolóxica e a redución de custos derivados da súa masificación permitiron poñer este tipo de dispositivos a disposición de calquera, que proliferaron nos últimos anos grazas ás redes de operadores de telefonía móbil. A súa alta capacidade de conectividade e a multitude de funcionalidades que ofrecen convertéronos en obxectos necesarios e esenciais nun mundo onde a inmediatez e a mobilidade son os principais protagonistas. O principal obxectivo desta investigación é o estudo da relación entre o deseño e a experiencia do usuario en dispositivos móbiles, de tal xeito que sirvan como ferramentas xeradoras de valor para as empresas e os usuarios destes dispositivos. Para elo, optouse por un estudo cualitativo baseado en entrevistas en profundidade a diferentes grupos de expertos na materia.