O mundo de hoxeo soño europeo na encrucillada

  1. PÉREZ TOURIÑO, Emilio 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela
    info

    Universidade de Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela, España

    ROR https://ror.org/030eybx10

Revista:
Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

ISSN: 1132-2799

Ano de publicación: 2018

Volume: 27

Número: 3

Tipo: Artigo

DOI: 10.15304/RGE.27.3.5442 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openDialnet editor

Outras publicacións en: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Resumo

Cando a CEE daba os seus primeiros pasos -apenas discorrida unha década dende asinatura do Tratado de Roma-, abría as súas portas en Santiago de Compostela a facultadede Económicas da universidade galega, de cuxa primeira promoción tiven a sorte e asatisfacción de formar parte. En España estabamos en plena ditadura, e Europa e oproxecto europeo representaban un ideal e a esperanza de liberdade e de modernidadepara a mocidade daquela xeración.Pero, a necesidade de abrir portas e fiestras a Europa era unha aspiración que viña de moilonxe. Xa estaba contida naquela proclama reivindicativa da primeira asamblea deprodutores agrarios: “queremos respirar o ar de Europa”, impulsada nos inicios do séculodezanove por Joaquín Costa, aquele ilustre pensador social inspirador doRexeneracionismo e autor dea obra “ Oligarquía e caciquismo agrario”, que aprendemos aler naqueles anos de facultade. Tamén estaba xa na idea de Ortega y Gasset sintetizada nasúa memorable frase “España é o problema e Europa a solución”.Pero o illamento e o ensimesmamento propios da España da Restauración Canovista, cosseus aranceis e políticas proteccionistas -sustentadas polos pactos entre os ferreteirosvascos, o téxtil catalán e o latifundio castelán e andaluz-, chegarían ao paroxismo coaautarquía característica do rexime xurdido da rebelión militar de 1936. Pódese afirmar,pois, que a extraordinaria transcendencia – económica, social e política- da entrada deEspaña na CEE, a súa dimensión histórica, explícase polo feito de que con ela se pon fin áfrustración de séculos producida polo illamento e separación de Europa.Dende a caída do Imperio Romano, Europa viviu sempre no medio do enfrontamento e dafragmentación de nacións, grupos étnicos e relixiosos. A relativa confianza e seguridadepropios dos últimos anos do século dezanove en Europa, e o optimismo que caracteriza áprimeira década do século vinte, coincidindo coa primeira onda globalizadora, cocrecemento económico e do comercio -tal e como analiza maxistralmente Tony Judt na súaHistoria de Europa-, non ían durar moito e ían suceder, en moi pouco tempo, aos peoresacontecementos da historia da Europa moderna.