Actores, coalicións e implementación nas políticas de eSaúdeentre a continuidade e a innovación
- Isabel Diz Otero Director
- Ramón Bouzas Lorenzo Director
Defence university: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 21 September 2021
- Carles Ramió Chair
- Marta Irene Lois González Secretary
- Xosé María Mahou Lago Committee member
Type: Thesis
Abstract
Esta tese profunda na análise dos sistemas autonómicos e os respectivos servizos de eSaúde coa finalidade de entender a súa implementación. As novas tecnoloxías supoñen unha oportunidade para a Administración Pública -e en particular para a sanitaria- a efectos da eficiencia, a eficacia e da calidade, pero tamén supoñen un reto e un elevado investimento. A fenda dixital desempeña un papel obstaculizador que é de vital importancia salvar na implementación destes servizos, pero non é o único. As dinámicas interorganizativas xogan un rol crucial á hora do deseño, toma de decisións,aplicación e implementación das políticas de eSaúde. Dende a interpretación e análise do contexto, e a aplicación do enfoque de coalicións, perséguese a obtención dunha comprensión dos escenarios e areas decisionais que marcan a implementación destas políticas nas Comunidades Autónomas, para entender así as prioridades e obxectivos dos servizos, pero tamén propoñer medidas e estratexias que incidan nos seus factores críticos.