Entornos personales de aprendizaje de estudiantes universitarios costarricenses

  1. José Antonio García Martínez
Dirixida por:
  1. Mercedes González Sanmamed Director
  2. Pablo César Muñoz Carril Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Ano de defensa: 2021

Tribunal:
  1. María Paz Prendes Espinosa Presidente/a
  2. Oswaldo Lorenzo Quiles Secretario/a
  3. Maria Asssunçao Flores Fernandes Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 666594 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxectivo principal da presente Tese de Doutoramento é analizar os entornos persoais de aprendizaxe (PLE) de estudantes universitarios contarricenses. Para dar resposta a este propósito realizouse unha investigación cuantitativa. O deseño metodolóxico estructurouse en varias fases. A primeira, de carácter exploratorio, levouse a cabo con estudantes de educación, e permitiu obter un panorama xeral da configuración dos PLE deste colectivo. Na segunda fase, elaborouse un cuestionario mais amplo con diversas escalas validadas por expertos para afondar na construción e uso dos PLE no ensino superior tomando como referencia diversas perspectivas de análise. Na etapa final, aplicouse este cuestionario aos estudantes do último ano de tódalas carreiras da Universidade Nacional de Costa Rica. Entre os resultados máis salientables compre mencionar que os estudantes universitarios manteñen unha actitude positiva cara o uso da tecnoloxía, non obstante, amosan PLE moderadamente desenvoltos tanto en espazos de aprendizaxe formais como informais. As ferramentas mais empregadas son aquelas cuxo fin é o acceso á información e, en menor medida, as que facilitan a comunicación, sendo a xeración de contido a dimensión menos desenvolvida do PLE.