Desarrollo de la autonomía personal en niños con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividad

  1. Vila Paz, Alba
Dirixida por:
  1. Sergio Santos-del-Riego Co-director
  2. María del Pilar García de la Torre Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 16 de xuño de 2021

Tribunal:
  1. Marta Pérez de Heredia Torres Presidente/a
  2. Manuel Peralbo Secretario/a
  3. María Isabel Vázquez Rodríguez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 656236 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introdución: O Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH) é unha patoloxía neuropsiquiátrica que produce unha alteración nas accións cotiás da persoa e da súa contorna inmediata, e cuxa sintomatoloxía repercute negativamente no desempeño ocupacional diario. Faise unha revisión da literatura científica sobre a autonomía persoal e percepción do desempeño ocupacional de menos e nenas con TDAH e de calidade de vida dos proxenitores. A ausencia de intervencións e investigacións desde o fundamento da Terapia Ocupacional xustifica a necesidade de estudar este trastorno e a relación con estas variables. Obxectivos: Nesta investigación elaborouse e desenvolveuse un tratamento cognitivo-conductual desde a Terapia Ocupacional para tratar o desempeño das actividades da vida diaria de autocoidado e instrumentais, mellorar o grao de autonomía de menores con TDAH, así como observar os resultados na calidade de vida dos pais. Material e métodos: Realizouse un estudo lonxitudinal cuasiexperimental de seis semanas de duración cunha mostra de 36 nenos e nenas con TDAH e cos seus proxenitores. Para iso deseñouse un tratamento cognitivo-conductual cun fundamento ocupacional. As ferramentas de avaliación aplicadas foron o Cuestionario para a avaliación de limitacións na actividade e restricións na participación en nenos con TDAH (CLARP), a Autoavaliación ocupacional (COSA) e o Cuestionario de calidade de vida relacionada cá saúde Short Form-36 (SF-36). Resultados: Produciuse unha mellora significativa na autonomía persoal e independencia funcional tras a intervención (p < 0,001) e no seguimento aos 6 meses (p = 0,001). A análise dos resultados mostrou ademais os beneficios do programa na percepción do desempeño ocupacional. Observouse tamén un aumento da calidade de vida dos proxenitores ao finalizar a intervención (p < 0,001) que se mantiña no seguimento posterior (p = 0,012). Conclusións: O tratamento cognitivo-conductual aplicado desde a Terapia Ocupacional mellorou significativamente o nivel de autonomía dos menores con TDAH e a calidade de vida dos pais. Os efectos positivos do programa realizado mantéñense a longo prazo.