Cidade e infanciaanálise multidisciplinar das Políticas do Goberno Municipal da cidade da Coruña e as sús influencia na calidade de vida infantil: 2015-2018

  1. Sampedro-Vidal, Marcos
Dirixida por:
  1. Héctor Pose Porto Director
  2. Raúl Fraguela Vale Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 06 de maio de 2021

Tribunal:
  1. José Antonio Caride Gómez Presidente
  2. Paula Mendiri Secretario/a
  3. Joseba Doistua Nebreda Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 660333 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O fomento da calidade de vida da infancia na cidade cobra especial relevancia como núcleo para a construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. A investigación enmárcase na liña de investigación “Equidade e Innovación en educación ”. A través de unha metodoloxía mixta, nomeadamente explicativo-secuencial (Creswell, 1999; Creswell e Plano Clarck, 2007; Creswell et al., 2003), emprégase un instrumento cuantitativo, o Cuestionario de Avaliación CVI, que se aplica a 1051 estudantes de centros da cidade da Coruña. Alén disto, efectuánse 3 entrevistas a responsables políticos do municipio para que colaboren coa interpretación dos datos. Os resultados amosan un axuste cos datos doutras investigacións similares (Sabeh, 2006), pois sinalan que entre os 8 e 11 anos a percepción da calidade de vida é máis elevada nos/as estudantes de colexios privados e superior nas nenas respecto dos nenos. Os representantes políticos corroboran estes datos e evidencian as implicacións da desigualdade social e a necesidade imperiosa de reducila, pero tamén declaran as limitacións competenciais dos concellos e poñen en valor todas as medidas adoptadas durante o seu mandato.