Evolución y transformaciones del patrimonio de la villa de Pontedeume y su señorío histórico

  1. Bello Alonso, Manuel M.
Dirixida por:
  1. Joaquín Fernández Madrid Co-director
  2. José Ramón Soraluce Blond Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 10 de novembro de 2020

Tribunal:
  1. Ramón Yzquierdo Perrín Presidente/a
  2. María Dolores Barral Rivadulla Secretaria
  3. José María Ordeig Corsini Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 640677 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente tese ten por obxecto a investigación “patrimonial” da vila histórica de Pontedeume (A Coruña), co fin de verificar a validez do método aplicado ao seu estudo como ferramenta xenérica que permita superar os baleiros documentais que impiden avanzar nun mellor coñecemento evolutivo dos nosos centros históricos, e poder así fundar máis axeitadamente os criterios de intervención e conservación que se poidan contemplar en cada caso. Coa consideración da cidade como patrimonio vivo, e afastándonos de ideas preconcebidas xurdidas da percepción estática da realidade contemporánea, propomos retirar os estratos do tempo depositados sobre a vila e os seus monumentos, para acadar finalmente, por medio do debuxo como ferramenta de análise e reflexión arquitectónica sustentada na procura bibliográfica, o rastrexo documental e a comparación con outros paralelismos históricos, un rexistro dinámico das súas transformacións, que poida ofrecer unha resposta coherente á forma coa que este casco histórico chegou ata os nosos días.