Mestras e mestres do exilio interior
- Anxo S. Porto Ucha
- Raquel Vázquez Ramil
ISSN: 1132-8932
Ano de publicación: 2020
Título do exemplar: Memoria para o presente
Número: 76
Páxinas: 17-20
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Revista galega de educación
Resumo
A guerra civil marcou un corte tráxico na vida española. Un dos grupos mais afectados foron os docentes, sometidos a un proceso de “depuración” para castigar a súa vinculación, real ou imaxinaria, coas autoridades lexítimas e avaliar a súa idoneidade co novo réxime. Ese longo e minucioso proceso condenou moitos docentes ao exilio exterior, do que rara vez volveron, ou a un penoso exilio interior con perda do traballo na docencia, illamento do medio social, privacións e soidade. Analizamos o exilio interior dun conxunto de mestres e mestras galegos e os seus exemplares mecanismos de supervivencia