A representación das drogas nos medios de comunicación galegos

  1. Fernández Mariño, Ramón
  2. Pereira Juvino, Ángela
  3. Puñal Rama, Ana Belén
  4. Pernas Bellas, Montserrat
  5. Álvarez Pousa, Lois
Libro:
Investigar sobre periodismo: Reunión Científica de la Sociedad Española de Periodistica (SEP), Santiago de Compostela, 27-28 de mayo de 2005
  1. Xosé López García (coord.)
  2. Xosé Pereira Fariña (coord.)
  3. Xosé Villanueva Rey (coord.)

Editorial: Servicio de Publicaciones = Servizo de Publicacións ; Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 84-9750-497-6

Ano de publicación: 2005

Páxinas: 231-251

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

Este relatorio resume os resultados dunha investigación realizada en setembro de 2004, na cal se analizaron as características da información sobre as drogas que ofrecen os medios de comunicación galegos. As principais conclusións deste estudo inciden na ausencia dunha información reflexiva, analítica e especializada, máis acusada aínda nos medios audiovisuais. Os medios de comunicación galegos informan fundamentalmente sobre o acontecemento pero non tratan a problemática das drogas como un tema de necesaria abordaxe interdisciplinar e en profundidade, no que cómpre abondar nas causas e nas consecuencias, así como noutro tipo de discursos que vaian máis aló do tratamento do delicto e da acción represora institucional e policial. Predomina o discurso sobre os sucesos, fronte a outro tipo de ópticas como a sociocultural, a económica ou a sanitaria. Institucións e actores vinculados ao delicto convértense nas principais fontes e protagonistas da información. Perviven os esteretipos e non existe un discurso diferenciado en cada un dos medios de comunicación, pois todos amosan unha gran dependencia da mesma rede de fontes institucionais e policiais.