A invención das rías baixaspaisaxe, destino e territorio

  1. Martins Rodal, Breixo
Dirixida por:
  1. Rubén Camilo Lois González Director
  2. Valerià Paül Carril Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 23 de xaneiro de 2020

Tribunal:
  1. Luis Paulo Saldanha Martins Presidente/a
  2. Miguel Pazos Otón Secretario
  3. María del Carmen Mínguez García Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Xeografía

Tipo: Tese

Teseo: 616693 DIALNET

Resumo

O termo Rías Baixas fai referencia a unha rexión do suroeste galego que é amplamente coñecida tanto na Galiza noutras áreas europeas. Pola contra, existe unha eiva destacable na súa investigación. A súa orixe, fronteiras e identidade son elementos escasamente estudados que, pola contra, son empregados para un grande número de delimitacións científicas. Esta entidade articúlase dentro dunha ampla andamiaxe litoral de subdivisións costeiras. Isto non é un feito illado pero un dos factores diferenciais das rías Baixas e Altas galegas reside na utilización dun elemento xeomorfolóxico costeiro como factor que lle outorga sentido e identidade á rexión. Así, a ría é o elemento central que imbúe de significado ás Rías Baixas. Polo tanto, esta investigación comeza analizando o elemento diferencial por excelencia das Rías Baixas.