La incorporación de la teoría de la evolución biológica a la educación primariaposibilidades y obstáculos

  1. Vázquez-Ben, Lucía
Dirixida por:
  1. Ánxela Bugallo-Rodríguez Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 22 de xaneiro de 2020

Tribunal:
  1. María Pilar Jiménez Aleixandre Presidenta
  2. Susana García Barros Secretario/a
  3. Jesús Piqueras Blasco Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 614520 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

En España, a teoría da evolución abórdase ao final da educación obrigatoria. Este tratamento tardío produce numerosas dificultades de aprendizaxe e impide chegar a comprender adecuadamente un contido tan complexo como central para a toma de decisións informadas. Esta investigación pretende explorar as posibilidades e obstáculos de introducir a evolución na educación primaria española. A revisión bibliográfica, a análise do curriculum español (a nivel estatal e autonómico) en comparación co doutros países e estados, a entrevista con especialistas e o grupo de discusión con profesorado de primaria e secundaria permitiron identificar as ideas nucleares necesarias para construír gradual e progresivamente esta familia de modelos: biodiversidade, variación, selección natural, adaptación, herdanza, devanceiros comúns e cambio. Así mesmo, o deseño e aplicación dunha secuencia de actividades sobre a diversidade da pel humana puxo de manifesto a grande capacidade do alumnado de educación primaria para operar coas devanditas ideas nucleares a diferentes niveis de organización escalar (célula, organismo, poboación). Confírmase así a posibilidade de incorporar a teoría da evolución na etapa de educación primaria, sempre e cando se faga a través unha metodoloxía activa, baseada no uso de prácticas científicas.