A actividade dos xuíces españois como factor do impacto sobre o Dereito do traballo esp6añol dos fallos do Tribunal de Xustiza resolvendo peticións de decisións prexudiciais en asuntos afectados por normas de política social da Unióncambios normativos, inaplicación de preceptos e interpretacións conformes

  1. Francisco Javier Gárate Castro 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela
    info

    Universidade de Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela, España

    ROR https://ror.org/030eybx10

Revista:
Revista Galega de Dereito Social - 2ª etapa: (RGDS)

ISSN: 1696-3083

Ano de publicación: 2019

Número: 9

Páxinas: 9-73

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista Galega de Dereito Social - 2ª etapa: (RGDS)

Resumo

Os fallos do Tribunal de Xustiza que resolven cuestións prexudiciais formuladas en preitos nos que as normas nacionais aplicables deben responder a unha transposición e interpretación apropiadas das normas da Unión reguladoras das materias propias da política social amplifican, sen dúbida, a repercusión do Dereito Social da Unión sobre o Dereito do Traballo de cada un dos Estados membros. Esa amplificación é tanto maior canto máis alto sexa o número dos indicados fallos, principalmente daqueles con orixe en cuestións prexudiciais formuladas polos órganos xurisdicionais do Estado membro de que se trate. No caso de España, a amplificación é superior á que cabe apreciar noutros Estados membros. Isto é así como consecuencia do espectacular aumento das cuestións prexudiciais elevadas polos xuíces e tribunais. Os órganos xurisdicionais españois convertéronse nos máis activos dos Estados membros na formulación de cuestións prexudiciais en asuntos do tipo dos aquí contemplados. Para ser máis exactos, uns poucos xuíces e tribunais fixeron que os órganos xurisdicionais españois sexan os máis activos, dando lugar a un elevado número de fallos do Tribunal de Xustiza sobre un variado conxunto de materias respecto das cales é preciso que a normativa laboral española de aplicación corresponda a unha transposición e interpretación apropiadas das normas a través das cales a Unión exerce as súas competencias de política social. Aínda que a repercusión das aludidas sentenzas e autos sobre aquela normativa, sobre a xurisprudencia e doutrina xudicial que a interpreta e aplica e sobre as prácticas dos empregadores é predicable de todas e cada unha das resolucións do Tribunal, a súa intensidade varía en función dos asuntos axuizados por este e, sen dúbida ningunha, do sentido do fallo emitido. Entre as formas máis fortes de impacto figuran as tres examinadas no estudo que se presenta, definidas pola modificación de preceptos da normativa laboral española, a inaplicación dalgúns deses preceptos por parte dos órganos xurisdicionais e a interpretación conforme doutros.