Niveles y evolución de las partículas ultrafinas del aerosol atmosférico en un entorno suburbano con influencia atlántica

  1. Iglesias Samitier, S.
Dirixida por:
  1. Purificación López Mahía Director
  2. Soledad Muniategui Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 08 de novembro de 2019

Tribunal:
  1. Darío Prada Rodríguez Presidente/a
  2. María Lourdes Vázquez Odériz Secretaria
  3. Bernardo Moreno Cordero Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 606439 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

En estudos recentes observouse que as partículas ultrafinas (UFP) son as maioritarias no aerosol atmosférico en número de partículas por volume de aire mostrado. Non obstante, actualmente non hai unha lexislación que regule os seus niveis en termos de calidade do aire, polo que o seu estudo é de grande interese xa que servirá de base para posibles futuras normativas. A presente Tese Doutoral amosa os niveis das partículas ultrafinas atmosféricas, as súas distribucións granulométricas e a súa evolución identificando os eventos que poidan experimentar (nucleacións ou eventos de formación de novas partículas, crecementos, evaporacións). A medida das partículas ultrafinas realízase cun espectrómetro de partículas SMPS (Scanning Mobility Particle Sizer) que permite medir a distribución por tamaños de partículas de diámetro entre 10-300 nm. O estudo realízase entre os anos 2013 e 2015 nunha área suburbana da Coruña con influencia atlántica, nas instalacións do Instituto Universitario de Medio Ambiente da Universidade de A Coruña. Os resultados que se presentan nesta Tese Doutoral son os primeiros que se obteñen nesta zona. O grupo de investigación QANAP-IUMA forma parte da Rede Española de Differential Mobility Analyzer (DMAs) Ambientales (REDMAAS), integrada polos grupos de investigación en España que dispoñen desta instrumentación de medida. A rede foi creada en 2010 para o intercambio de información e cooperación entre eles. Ademais, os resultados das partículas ultrafinas correlacionaranse con parámetros meteorolóxicos e con a composición química do material particulado atmosférico de diámetro aerodinámico inferior a 10 m (PM10) recollido en catro campañas de mostraxe en 2014-2015. Finalmente, lévase a cabo o estudo de contribucións de fontes para intentar establecer a orixe do material particulado atmosférico