O profesional da psicoloxía nos servizos sociais

  1. C. Fontaíña
  2. E. Vázquez
  3. R. Viturro
  4. D. Facal
  5. M.J. Fares
  6. M. J. López
Revista:
Psicoloxía clínica: anuario

ISSN: 1889-1187

Ano de publicación: 2009

Título do exemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro

Número: 3

Páxinas: 728-735

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Psicoloxía clínica: anuario

Resumo

O profesional da psicoloxía convértese en imprescindíbel na atención e apoio á persoa, á familia, á comunidade, no contexto dun equipo multidisciplinar, para poder falar de atención integral. Para un desenvolvemento persoal íntegro precisamos interaccionar co entorno e ir adaptándonos ao mesmo, os recursos psicolóxicos que cada un posúa, as súas capacidades cognitivas, a vivencia subxectiva do seu mundo, o sentido de pertenza a un grupo, entre outras, van predicir en grande medida o éxito de tales adaptacións. Ámbitos de actuación dos psicólogos/as no eido social son a intervención coa comunidade, temas referidos á familia e infancia, específicos da muller, xuventude, minorías sociais e inmigración, a vellez e cooperación para o desenvolvemento sen esquecer as deficiencias, discapacidades e minusvalías. Aquí descríbense tarefas e funcións deste profesional.