Relación entre a contracción volumétrica e as súas compoñentes lineais na madeira de carballo (Quercus robur) procedente de Galicia
- José Ángel Pulgar Lorenzo 1
- Guillermo Riesco Muñoz 1
- 1 Departamento de Enxeñería Agroforestal, Universidade de Santiago de Compostela
ISSN: 1135-5417
Datum der Publikation: 2014
Nummer: 33
Seiten: 5-26
Art: Artikel
Andere Publikationen in: Revista Real Academia Galega de Ciencias
Zusammenfassung
Evaluáronse as contraccións e os coeficientes de contracción da madeira de Quercus robur fronte os cambios de humidade (en volume e nas direccións radial, tanxencial e lonxitudinal) sobre 335 probetas pequenas e libres de defectos, extraídas de 8 pés procedentes de Galicia. Atopouse unha relación estatística altamente significativa que vincula contracción radial e tanxencial coa contracción volumétrica. A relación acadou un coeficiente de determinación (R2) de 0,55** entre contracción radial e contracción volumétrica, e un R2 de 0,78** entre coeficiente de contracción radial e coeficiente de contracción volumétrica. En canto á contracción tanxencial, a súa relación coa contracción volumétrica acadou un R2 de 0,75**; namentres que o modelo que vincula o coeficiente de contracción tanxencial co coeficiente de contracción volumétrica acadou un R2 de 0,77**. Os modelos que mellor describían á relación entre contraccións foron os lineais sen constante, e para o caso dos coeficientes de contracción foron os cúbicos