El uso de antídotos para la extravasación de gluconato cálcicoestudio experimental en ratones

  1. Pacheco Compaña, Francisco Javier
Dirixida por:
  1. Javier de Toro Santos Co-director
  2. J. Midón Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 11 de abril de 2019

Tribunal:
  1. Manuel Freire-Garabal Núñez Presidente
  2. Silvia Díaz Prado Secretario/a
  3. José Ramón Martínez Méndez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 581513 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introdución O extravasamento de gluconato cálcico pode causar serios danos aos tecidos brandos, como calcificación e necrose. O obxectivo deste estudo é analizar o efecto beneficioso de catro posibles antídotos para o extravasamento de gluconato de calcio: a hialuronidasa, o tiosulfato de sodio, a triamcinolona acetónido e a solución salina fisiolóxica. Metodoloxía O estudo incluíu 89 ratones Balb/c. As sustancias empregadas no estudo foron gluconato de calcio 4,6 meq/10 ml, hialuronidasa 1,500 UI/ml, tiosulfato de sodio ao 25%, triamcinolona acetónido de 40 mg/ml 0,5 mg/kg e solución salina 0,9%. Deixáronse pasar cinco minutos logo da infiltración do gluconato cálcico e despois infiltrouse o antídoto. Despois das tres semanas, realizouse unha biopsia cutánea e un estudo radiográfico e histopatolóxico. Resultados No estudo radiográfico e histopatolóxico mostrouse que tanto o tiosulfato de sodio e a hialuronidasa reduciron significativamente os depósitos de calcio nos tecidos brandos. O tisofulato sódico tamén reduciu a aparición de lesións na pel, non a hialuronidasa. Non se atoparon diferenzas co uso da triamcinolona acetónido nin da solución salina. Conclusións O tiosulfato de sodio e a hialuronidasa reducen a aparición dos depósitos de calcio tras o extravasamento de gluconato de calcio.