Creación e transformacións da cidade litoralMoaña, 1950-1987. Política, urbanismo, vivenda e sociedade
- Pérez Rúa, Manuel
- Ramón Villares Paz Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 17 de xullo de 2018
- Lourenzo Fernández Prieto Presidente
- José María Cardesín Díaz Secretario/a
- Rosa García Orellán Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Estudo sobre as transformacións morfolóxicas, políticas, económicas, residenciais, urbanísticas e sociais de Moaña (1950-1987), un proceso de desmariñeirización, reconversión e entrada nunha economía internacionalizada (pesca industrial, mariña mercante, plataformas petrolíferas) e industrial (instalación local de estaleiros e conserveiras) que permite soporte económico estable e perspectiva vital a unha poboación activa salarizada e abre a porta a importantes cambios espaciais: mobilización da propiedade parcelaria familiar, apertura de novos viarios, decadencia do centro histórico, creación do primeiro barrio urbano, gran desenvolvemento da edificación privada (sobre todo unifamiliar) e consolidación do centro urbano litoral. Os cambios económicos, laborais, urbanísticos e residenciais acompañaron a outros factores (crecemento demográfico, sociedade de consumo, aparición do automóbil, control da natalidade, decadencia da relixión católica, ensino obrigatorio, etc.) e políticos que analizamos en clave comparada: a ditadura e a democracia ante retos como o crecemento urbano, o deterioro medioambiental, a desnuclearización rural, o planeamento urbanístico ou a batalla por urbanizar e estender o borde mariño a través de recheos litorais.