Valoración racial e autenticación do sistema de produción ecolóxica de leite no Norte de España

  1. Rodríguez Bermúdez, Ruth
Dirixida por:
  1. Marta Inés Miranda Castañón Director
  2. María Marta López Alonso Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 01 de febreiro de 2019

Tribunal:
  1. José Luis Benedito Castellote Presidente
  2. Carmen Calvo Santalla Secretario/a
  3. Joaquim Orlando Lima Cerqueira Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias

Tipo: Tese

Resumo

A gandería ecolóxica é un sistema de produción en crecemento, onde os gandeiros do noroeste de España non estar satisfeitos coa raza utilizada para produción. Durante a elaboración da presente Tese de Doutoramento observouse que as Holstein producen máis leite pero menos sólidos, presentando maior lonxevidade que outras razas aínda que peor eficiencia reprodutiva. A opinión dos consumidores é fundamental para establecer estratexias de mercado, encontrouse que unha grande maioría das persoas confunde os produtos ecolóxicos cos locais, e o prezo e a desconfianza son motivos para non consumir ecolóxico. Dado que os consumidores desconfían da orixe ecolóxica dos produtos considerouse de interese deseñar un método que permita certificar a súa orixe. A diferenciación realizouse a partir de mostras de leite e sangue (soro) utilizando técnicas quimiométricas para distinguir a orixe das mostras en función da súa composición mineral.