Scalable exploration of 3D massive models

  1. Jaspe Villanueva, Alberto
Dirixida por:
  1. Enrico Gobbetti Director
  2. Julián Dorado Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 26 de novembro de 2018

Tribunal:
  1. A. Pazos Presidente/a
  2. María Jesús Taboada Iglesias Presidenta
  3. Carlos Manuel Azevedo Costa Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 574454 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta tese presenta unha serie técnicas escalables que avanzan o estado da arte da creación e exploración de grandes modelos tridimensionaies. No ámbito da xeración destes modelos, preséntanse métodos para mellorar a adquisición e procesado de escenas reais, grazas a unha implementación eficiente dun sistema out- of- core de xestión de nubes de puntos, e unha nova metodoloxía escalable de fusión de datos de xeometría e cor para adquisicións con oclusións. No ámbito da visualización de grandes conxuntos de datos, que é o núcleo principal desta tese, preséntanse dous novos métodos. O primeiro é unha técnica adaptabile out-of-core que aproveita o hardware de rasterización da GPU e as occlusion queries para crear lotes coherentes de traballo, que serán procesados por kernels de trazado de raios codificados en shaders, permitindo out-of-core ray-tracing con sombreado e iluminación global. O segundo é un método de compresión agresivo que aproveita a redundancia xeométrica que se adoita atopar en grandes modelos 3D para comprimir os datos de forma que caiban, nun formato totalmente renderizable, na memoria da GPU. O método está deseñado para representacións voxelizadas de escenas 3D, que son amplamente utilizadas para diversos cálculos como para acelerar as consultas de visibilidade na GPU. A compresión lógrase fusionando subárbores idénticas a través dunha transformación de similitude, e aproveitando a distribución non homoxénea de referencias a nodos compartidos para almacenar punteiros aos nodos fillo, e utilizando unha codificación de bits variable. A capacidade e o rendemento de todos os métodos avalíanse utilizando diversos casos de uso do mundo real de diversos ámbitos e sectores, incluídos o patrimonio cultural, a enxeñería e os videoxogos.